O Concello de Culleredo tamén pon a disposición da veciñanza un curso en liña no ámbito do marketing 2.0 e para persoas desempregadas. Está dirixido ás veciñas e veciños de Culleredo, de 18 ou máis anos, en situación de desemprego e inscritos e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia. Haberá 30 prazas dispoñibles. Como se trata da modalidade enliña, o alumnado deberá dispoñer de acceso a un dispositivo con conexión a Internet.
Os contidos son os seguintes:
A preinscrición poderá realizarse do 8 ao 11 de marzo de 2022, por rigorosa orde de inscrición a través do formulario que atoparás nesta web para aquel entonces. As listaxes de alumnado, así coma o calendario e horario da actividade, poderán consultarse tamén aquí, e no Centro Municipal de Formación e Emprego "Pablo Picasso". O día 15 de marzo publicarase a listaxe de solicitudes presentadas. O 16 e o 17 de marzo, poderán presentarse as alegacións, a través de formacion@culleredo.es. O día 22 de marzo publicaranse as listas definitivas. Presumiblemente, o curso comezará o 30 de marzo.
Para máis información, pódese contactar co Centro Municipal de Formación e Emprego "Pablo Picasso" no 981 66 42 04.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER