Baixo o lema “Igualdade de xénero hoxe, para un mañá sostible” elixido polas Nacións Unidas para conmemorar o Día Internacional da Muller 2022, o Concello de Culleredo realizará un acto simbólico que ten como obxectivo principal sensibilizar á poboación sobre a problemática da desigualdade de xénero, dándolle visibilidade, poñendo en valor o papel da muller aínda discriminada en moitos eidos, e reivindicar un cambio de actitudes colectivas e individuais necesarias para acadar a igualdade real e xusta.
Este acto terá lugar mañá, martes 8 de marzo, ás 12:00 horas da mañá, no Xardín Botánico. Consistirá na plantación de flores lilás pola igualdade, e flores brancas pola paz, facendo unha figura que represente o "Oito de marzo", da man dos distintos colectivos da nosa comunidade.
Cada participante lerá unha palabra arredor da igualdade de xénero, e plantará un elemento que simbolizará a semente do seu significado para que as xeracións que veñan teñan a oportunidade de vivir realmente en igualdade, con todos os dereitos e liberdades que cómpre unha sociedade sostible, xusta e igualitaria.
Deste xeito, o Concello quere render homenaxe e visibilizar a todas as mulleres e nenas que están facendo fronte ás adaptacións do cambio climático, que están liderando proxectos , que están axudando a construír e reconstruír países, que loitan pola sua liberdade , acollen e coidan ás vítimas de conflitos bélicos, e contribúen en definitiva a un mundo máis sostible.
A plantación das flores brancas simbolizarán o chamado pola PAZ nestes días tan convulsos para Europa sen esquecer ás mulleres que viven noutros tantos conflitos do mundo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER