O Concello canalizará a axuda humanitaria a Ucrania a través das oenegués do municipio

O Concello de Culleredo canalizará a axuda humanitaria a Ucrania a través das oenegués do municipio. Desde a Administración local, que leva varias semanas traballando no plan de continxencia, decidiuse coordinar coas principais organizacións coas que ten convenio toda a loxística, xa que “neste momento, comunícasenos que a mellor maneira de prestar axuda é economicamente”, sinalan as persoas que integran estas ONG’s.

Onte, o Salón de Plenos acolleu unha reunión entre o goberno local, representado polo alcalde, José Ramón Rioboo; a concelleira de Maiores, Susana Amor; o edil de Protección Civil, Abraham Seijas; técnicos de Servizos Sociais e as persoas que integran as principais oenegués do municipio.

Con isto, desde o Concello búscase un dobre obxectivo. Primeiramente, canalizar todas as mostras de solidariedade que veciñas e veciñas veñen demostrando a diario; en segundo lugar, poñer ao dispor da xente calquera iniciativa que vaia xurdindo conforme avance este difícil contexto.

Así, por unha banda, Culleredo, despois de consultadas e seguindo as liñas expostas polas grandes organizacións non gobernamentais e o Fondo Galego de Cooperación, do cal é membro, solicita á cidadanía axuda económica para todas aquelas entidades implantadas e operativas na zona de guerra e países de primeira entrada de refuxiados.

Neste sentido, o Concello coordinará especialmente esta acción solidaria coas entidades Médicos  do Mundo Galicia e Cruz Vermella Española, coas que ten asinado senllos convenios de colaboración, e descarta recomendar a provisión de materiais de primeira necesidade, xa que as ONG’ s están colapsadas e consideran máis operativo e eficiente a compra de subministracións nos países limítrofes.

Doutra banda, ante a previsible chegada de familias refuxiadas a Culleredo, os Servizos Sociais municipais coordinarán coas oenegués de ámbito local:  Mestura,  Refugees  Welcome, Cáritas e Cruz Vermella, a estratexia de acollida e de atención ás necesidades básicas. En Culleredo,  Mestura, integrada no Plan Galego de Inclusión, apoiará a acollida de familias e realizará un plan individualizado;  Refugees  Welcome canalizará as alternativas de aloxamento e Cruz Vermella e Cáritas mostrarán apoio, como comentamos con anterioridade, con achegas para necesidades básicas.

Así, o Concello de Culleredo pon ao dispor das entidades todo o apoio técnico e os recursos materiais e de infraestrutura que necesiten. Para colaborar economicamente coas ONG’ s de ámbito internacional con acordos de colaboración co Concello e que están a operar en Ucrania e países limítrofes, estes son as ligazóns:

Médicos do Mundo:  https://www.medicosdelmundo.org/ayuda-ucrania

Cruz Vermellahttp://www.icrc.org/es/donate/ucrania

• Cáritas de Santiagohttps://www.caritas-santiago.org/actualidad/noticias/campana-de-caritas-diocesana-de-santiago-de-ayuda-a-ucrania/

Para colaborar coas ONG’ s que prestarán apoio en Culleredo ás persoas refuxiadas, póñense a disposición os seguintes contactos:

•  Mestura: 604 00 25 19 e 981 66 18 40
•  Refugees  Welcomehttps://refugees-welcome.es/
Cáritas parroquiais de Vilaboa, O Burgo e Tarrío.


“Maratón musical solidario”

Dentro do plan de actuación para realizar achegas e poder contribuír coa causa ucraína, o Concello de Culleredo pon ao dispor das entidades todo o apoio técnico e os recursos materiais e de infraestrutura que necesiten. Así, está prevista a organización conxunta de distintos eventos co fin de recadar fondos, entre eles, no Conservatorio Municipal, onde se celebrará un “Maratón musical solidario” con fila 0 e con data aínda por confirmar, onde se darán cita alumnas, alumnos e músicos profesionais.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina