Culleredo rendeu esta mañá unha sentida homenaxe ás persoas voluntarias durante a pandemia, xusto cando se cumpren dous anos do decreto do estado de alarma. Onte, a explanada do Burgo acolleu un acto ao que acudiron o alcalde, José Ramón Rioboo; os edís e edilas do grupo de goberno; María Rivas, subdelegada do Goberno; Esteban Miguélez, Brigada da Garda Civil e Oliva García e Francisco Saavedra, en representación da Asociación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Coruña, directoras e directores de varios centros educativos, persoal sanitario e as persoas homenaxeadas e as súas familias.
Durante o mesmo, proxectouse un vídeo de agradecemento, no que se podían ver nunha pantalla tras o escenario rostros protagonistas da homenaxe: moteiras e moteiros que entregaron os deberes a domicilio, persoal sanitario, forzas e corpos de seguridade do Estado, empresas que doaron material durante o estado de alarma, traballadoras e traballadores municipais, servizos de limpeza…
Varios alumnos do Conservatorio Municipal interpretaron senllas pezas musicais na desenvolvemento da homenaxe, que foi conducido por Luís Pardo. A concelleira de Maiores, Susana Amor, e a técnico de Xuventude, Ana Oteruelo, quixeron ter unhas palabras de agradecemento a todas e todos eles. Nas insignias entregadas a cada unha e un deles podíase ler a frase “Sumando xunt@ s superaremos as dificultades”, xunto ao escudo municipal e un código QR co que poderán visionar o vídeo homenaxe sempre que queiran.
“Hai xusto dous anos vimos como a nosa realidade cambiaba de xeito radical, como lle tivemos que facer fronte a un inimigo invisible e perigoso, sen ferramentas e moitas veces a cegas e todas e todos vós, sen excepción, sodes exemplo de como superar a adversidade”, comezaba ou seu discurso ou alcalde, José Ramón Rioboo, quen agradeceu “en nome de todo Culleredo a todas as persoas que nos acompañades hoxe aquí, e ás que non poden facelo pero que, dun xeito ou doutro, están sempre con nós e na nosa memoria”.
In memoriam
Esta semana coñecimos a triste noticia do falecemento de Antonio Sueiras Castro, voluntario que formaba parte do grupo Moteiros Coruña, entre outros, e que colaborou, de maneira incansable como cada un das súas compañeiras e compañeiros, cos seus veciños durante a pandemia.
Gardouse un respectuoso minuto de silencio e no seu nome, recolleu a insignia que recoñece a súa implicación e esforzo durante o estado de alarma, a súa viúva, Lizi Carolina Acosta.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER