Ao Concello de Culleredo custaralle máis de 100.000 euros o Transporte Metropolitano

O transporte metropolitano, sobre o que o Concello non ten competencias, custaralle este ano ao Concello de Culleredo 103.831,93 euros.

De acordo co convenio asinado pola Xunta de Galicia e o Concello de Culleredo no ano 2005 para a posta en marcha do Transporte Metropolitano, coa tarxeta de desconto e as dúas liñas de interese municipal, o Concello terá que abonar o pago anual de 103.831,93 euros, cantidade moi superior á do ano 2006 que foi de 66.435,74 euros. Os gastos corresponden aos descontos coa tarxeta e as liñas de interese municipal.

Dos 2.396.178 de viaxeiros ao ano que se producen na área (Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros) 412.317 teñen a súa orixe en Culleredo e 220.000 destino, polo que ao ano prodúcense 632.876 viaxes de cidadáns/as que utilizan o transporte público, sendo os meses de xaneiro, marzo, abril, maio, outubro e novembro os meses en que máis se utiliza o transporte polos veciños de Culleredo, segundo explicou o alcalde, Julio Sacristán.
O Concello de Culleredo ten liñas de transporte público a todas as Parroquias e 2 servizos de interese municipal Burgo, Vilaboa, Tarrio, Sueiro. E Burgo - Vilaboa, Castro, Laxe Universidade da Coruña - Coruña.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina