Así, o Conservatorio Municipal de Música acollerá este mércores, 23 de marzo, unha cita musical na que se reunirán alumnos, alumnas e músicos da talla de Massimo Spadano, concertino da OSG; Raúl Mirás e Ruslana Prokopenko, solistas de cello da OSG, Gregori Nedobora e Bárbara Switalska, solistas da RFG; ZOAR, Marianna Prevalskaja ou profesores do conservatorio da Coruña como Javier Cedrón, Damián Hernández, Minerva Martínez ou Xocas Meijide, co Xacobeo Clarinets Ensamble, alumnos do Conservatorio de Culleredo, ou Conxunto de Cellos do Conservatorio Superior da Coruña, Quinito Mourelle, e moitos máis!
Comezará ás 17:30 horas e terá unha duración aproximada de 240 minutos. A idea é que as pezas executadas váianse renovando para cambiar o público e que todas as persoas que así o desexen poidan ser partícipes do evento.
Para iso, o Concello de Culleredo e as oenegués poñerán ao dispor de veciñas, veciños e público en xeral “ tickets” solidarios en catro puntos: Casa do Concello, Servizos Sociais, Servizos Múltiples e o propio Conservatorio Municipal. Terán un prezo de 5 euros. Durante o evento, está prevista a proxección de varios vídeos onde se poderán identificar os principais axentes sociais de Culleredo.
As entradas ao recinto estarán á venda no propio recinto do concerto, cun prezo tamén de 5 euros. Desde o goberno local queren agradecer a “Médicos del Mundo, Cruz Roja, Refuges Welcome, Cáritas e Mestura a súa implicación e bo facer desde que estalase a guerra en Ucraína”.
Pola súa banda, o director do Conservatorio, Marcos Seoane, insistiu en que esta será unha gala “onde poderemos ver concertos de moito nivel e estou seguro de que o pobo de Culleredo quererá sumarse a unha causa máis que xustificada”.
Tamén se poñen ao dispor de todas as persoas interesadas os seguintes números de conta para realizar achegas de índole económica:
Médicos do Mundo:
- Bizum 33509 ou IBAN ES54 2100 4466 9902 0002 0000
Cruz Vermella:
- Bizum 04057 ou IBAN ES28 2100 0600 8502 0196 0066
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER