O Concello de Culleredo non cesa na loita contra a avespa asiática. A campaña de colocación de trampas comezou esta semana como medida de prevención fundamental, impulsada polo goberno local para capturar ao maior número posible de raíñas e así evitar que conformen os niños.
O Concello colocou entre onte e hoxe 50 trampas na zona urbana, nos puntos de maior incidencia do insecto, en base aos datos que se manexan dos anos anteriores. Cabe destacar que por cada niño anulado evítase a proliferación de sobre 20.000 novas velutinas obreiras.
Prevese, á súa vez, que a Administración local execute nas próximas semanas a repartición de trampas entre os seus veciños e veciñas, así como a realización de charlas informativas neste ámbito.
O Concello de Culleredo realiza cada ano os máximos esforzos humanos e económicos para afrontar a proliferación da avespa asiática. En pasados exercicios contabilizáronse ata medio milleiro de niños activos previamente á tempada de trampeo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER