O Concello pon en marcha dúas sesións para familiares coidadores de pacientes con demencia

 

  • A primeira delas celebrarase na Reitoral de Celas o 31 de marzo, para a que hai que inscribirse na páxina web da Escola de Saúde de Cidadáns do SERGAS ou no teléfono 626 15 87 84.


O Concello de Culleredo organizará dúas sesións completamente gratuítas para os familiares coidadores de pacientes con demencias. Con formación predominantemente práctica, teñen como obxectivo que os asistentes desenvolvan habilidades e destrezas para mellorar os labores de coidado.

Co título “Repercusións do coidado dun familiar con demencia. Medidas preventivas” trataranse aspectos como o afrontamento positivo, as ganancias como coidadores, a mellora da comunicación ou como xestionar os conflitos coa familia neste novo escenario. Os participantes poderán aproveitar tamén para resolver todas aquelas cuestións que lles inquietan e expor as súas principais demandas.

Serán dúas edicións as que terán lugar tanto na Reitoral de Celas como no Centro Cívico Virxinia Blanco, de Fonteculler. A primeira, o 31 de marzo. A segunda, o 28 de abril. A asistencia é completamente gratuíta pero o aforo é limitado, polo que haberá que inscribirse previamente na páxina web da Escola de Saúde de Cidadáns do SERGAS ou a través do teléfono 626 15 87 84.

As charlas estarán impartidas por Ana Díaz Cortés, socióloga do Grupo Hospitalario Interdisciplinar de Apoio ao Coidador da Unidade de Neuroloxía Cognitiva do Hospital Clínico de Santiago de Compostela, e investigadora en saúde, discapacidade, dependencia e benestar.

Grupo hospitalario de apoio ao coidador

Trátase dunha iniciativa de carácter socio sanitario e abordaxe multidisciplinar que, en dependencia do Servizo de Neuroloxía, ten como obxectivo ofrecer labores de formación e asesoramento aos coidadores para que, por unha banda, implanten pautas de coidado adecuadas para o enfermo e por outro, #gozar da súa experiencia como coidadores  superando o estigma social que rodea a esta enfermidade.

O grupo está composto por entre outros, José Manuel Aldrey Vázquez, xefe de Neuroloxía Cognitiva, Juan Manuel Pías Peleteiro, neurólogo, e Ana Díaz Cortés, socióloga.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina