O programa ‘Perros y letras’, que se desenvolve en Culleredo, a estudo pola Universidade de Oviedo

O Concello de Culleredo, a través da área de Educación, aposta novamente por implementar o programa “Perros y letras” de READ España nos centros públicos do municipio. Repítese desde o 2020, en pleno estado de alarma, onde as sesións eran telemáticas e cuxas principais protagonistas son Dana e Nora, unha bóxer e unha labradora que xunto a Laura González,  coordinadora do programa en Galicia, e Bárbara Bonachía, axudan ás pequenas e pequenos a  estimular as habilidades lectoras, especificamente con aqueles que presentan algún déficit na  dicción e a comprensión lectora, provocando problemas de autoestima.

Tal é o efecto positivo que supón esta actividade que o programa suscitou interese por parte da Universidad de Oviedo, concretamente da Facultade de Ciencias de Formación do Profesorado e Educación. Por tanto, está a levarse a cabo un estudo de campo no CEIP Tarrío, Sofía Casanova e Vila de Rutis para medir cuantitativamente e cualitativamente os efectos da interacción cos animais á hora de mellorar as súas habilidades cognitivas e á hora de relacionarse.
 
Elixíronse cans de terapia porque son moi tranquilos e son capaces de estar todo o tempo deitados e pendentes da actividade dos nenos. Todos os animais deste programa pasan un exame cada  dous anos para valorar que teñen unha tolerancia alta a o estrés e así seguir traballando. Tamén valórase ou vínculo que lle une ao seu guía.
 
Así, esta mañá tivo lugar a presentación do estudo por parte da Universidad de Oviedo a este programa, onde se deron cita na biblioteca do CEIP Tarrío a concelleira de Educación, Jéssica Méndez; J. Ramiro Martís, do Departamento de Ciencias de la Educación da Universidad de Oviedo; a directora do centro, Ana María Liñares; Pablo Bouza, responsable do departamento de Educación do Concello de Culleredo; Laura González, coordinadora de READ España na Coruña e Bárbara Bonachía, que conforma o equipo cullerdense. Acompañounos a cadela Dana, unha  bóxer branca.
 
Alí explicaron que “é un programa interesantísimo porque en sesións de curta duración aplícanse técnicas moi novas e a repercusión é maiúscula nas nenas e nenos”, advirte Ramiro Martís, da  Universidad de Oviedo, facendo fincapé en que “sacaremos conclusións moi relevantes cando acabemos aquí o noso traballo”. Nese sentido, quixo agradecer “tanto a Laura como Bárbara, así como os responsables dos centros cullerdenses a facilidade coa que puidemos desenvolver o  noso traballo: foi unha experiencia marabillosa”, subliñou.
 
E é que cada un dos nenos que participan teñen dificultades en distintos aspectos. Normalmente son seleccionados polo departamento de orientación, pero poden ser nenos con dificultades a nivel social, lector e depende do que o departamento correspondente emita. Dan unhas pautas para traballar con eles e no futuro tamén trataranse vos problemas do TDAH e do autismo.
 
“Os nenos melloran sobre todo en lecto-escritura, a nivel de comprensión lectora, aumento
de vocabulario, rapidez de lectura e sobre todo o que notamos é un aumento da autoestima. Son  nenos que están a perder a  seguridade en si mesmos porque teñen algunha dificultade que  outros  non  teñen. Isto supón un empuxón, xa que non hai risas, non hai xuízos e todo é en positivo. Reláxanse e empezan a ler cunha maior fluidez”, comentaba Laura.
 
A concelleira de Educación, Jéssica Méndez, apuntou que “seguimos apostando por este
programa en Culleredo porque está a demostrar ser diferencial no noso municipio, así como
foino en  máis de 500 centros de todo o Mundo. É unha maneira moi bonita de traballar coas e cos 'peques' e proba diso é que a Universidad de Oviedo interesouse para levar a cabo un estudo de campo”, comentaba.
 
Pola súa banda, Ana María Liñares, directora do CEIP de Tarrío, incidía en que “oxalá podamos contar con este programa durante moito tempo, xa que a nosa comunidade educativa está encantada co resultado e provoca un efecto positivo en todas as nenas e nenos cando veñen as cadeliñas a visitarnos. Acollémonos ao mesmo desde o primeiro momento e o resultado non pode ser mellor.”

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina