O Concello de Culleredo celebrará mañá, xoves 31 de marzo ás 13:30 horas, unha sesión ordinaria do Pleno da corporación. A orde do día será a seguinte:
1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión de data 11 de febreiro de 2022.
2.- Proposta sobre aprobación das bases que rexerán o III Memorial “Tino Poza” de Artes Plásticas.
3.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, proposta sobre aprobación da solicitude dunha subvención nominativa para o financiamento do mantemento xeral e reserva de cinco prazas no centro ocupacional “A Escada” para o ano 2022.
4.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político do PSdeG-PSOE sobre o plan urxente de medidas económicas e sociais de Galicia diante da crise derivada pola invasión de Ucraína.
5.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político do BNG sobre presentación de alegacións ao “trámite de información pública a solicitude de concesión para a instalación dun aproveitamente hidroeléctrico no lago de Meirama, Concello de Cerceda, A Coruña”.
6.- Dación de conta de resolucións de alcaldía e concellarías delegadas
7.- Dación de conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión de data 07/03/2022 sobre aprobación da convocatoria e das bases específicas da convocatoria do proceso selectivo “técnica/o Urbanismo”.
8.- Dación de conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión de data 15/03/2022 sobre aprobación da convocatoria e das bases da convocatoria para a selección dun/ha técnica/o de Turismo.
9.- Dación de conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión de data 21/03/2022 sobre modificación do acordo relativo á convocatoria e bases da convocatoria do proceso slectivo “tecnica/o Urbanismo (acceso libre).
10.- Dación de conta do plan anual de control financeiro do Concello de Culleredo. Exercicio 2021
11.- Dación de conta de informes de reparo de Intervención
12.- Mocións urxentes
13.- Rogos e preguntas
Poderás seguilo en vivo na canle oficial de YouTube do Concello de Culleredo: https://bit.ly/3iNCAwQ
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER