Novo vertido incontrolado no Monte Xalo

O Concello de Culleredo, a través de varios avisos da veciñanza e posterior corroboro dos axentes da Policía Local, detectou novas verteduras incontroladas no rural, e porá en marcha un dispositivo policial para tratar a súa erradicación. Estas accións supoñen un atentado contra o medio ambiente, e estes comportamentos poden carrexar sancións de ata 3.000 euros. Os feitos xa foron comunicados e trasladados ás autoridades.

Esta fin de semana deuse un novo caso no Monte Xalo, espazo referente do patrimonio natural. Alguén deixou alí, nunha das pistas, numerosos neumáticos e bidóns de plástico, ademais doutros materiais contaminantes. A Administración local xa está a tramitar a súa retirada. O propio Xosé Touriñán facíase eco nas súas redes do acontecido. 

O Concello pide a colaboración cidadá para transmitir ás forzas de seguridade calquera indicio sobre os responsables destas prácticas para a consecuente sanción, que pode chegar aos 3.000 euros. 

O goberno local lembra que os veciños de Culleredo teñen á súa disposición a través do Consorcio As Mariñas dun servizo gratuíto de recollida a domicilio de mobles e enseres, sen necesidade de levar a cabo estes atentados ao medio. Simplemente chamando ao 981 795 524 para obter a cita.

Esta recollida componse dos seguintes elementos.

  • Residuos de madeira (mobles, caixas, táboas, etc.)
  • Metais (de ferro e non de ferro) e residuos eléctricos e electrónicos (REE) da liña branca (lavadoras, frigoríficos, etc.)
  • Residuos eléctricos e electrónicos (REE) da liña marrón (televisores, audio vídeo,  Hl- FI, etc.,) e da liña gris (computadores, impresoras, teclados, periféricos diversos, etc.).
  • Outros (colchóns, etc.).

Ademais, tamén poden realizar o mesmo no punto limpo de Sésamo, completamente de balde.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina