Special Olympics celebra este sábado en Culleredo a edición 25 dos seus xogos autonómicos de campo a través e petanca

 
  • Reunirán a 126 deportistas de 11 entidades de Galicia.
  • “É unha honra acoller o evento”, expresou o alcalde na presentación que tivo lugar hoxe.
 
O  Concello de Culleredo e  Special Olympics Galicia presentaron hoxe a edición 25 dos Xogos Autonómicos de Campo a través e Petanca para persoas con discapacidade intelectual. Terán lugar no Burgo este sábado 23 de abril.
 
A presentación desenvolveuse no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Interviñeron José Ramón Rioboo, alcalde de Culleredo; Eladio Fernández, presidente de Special Olympics Galicia; Isabel  Pedrera, presidenta da Comisión de Lecer de  Asprogana,  Benjamín Barbadillo, deportista da Asociación  Aspronaga; e Miguel Suárez, concelleiro de Deportes de Culleredo.
 
“Estes son os eventos que queremos en Culleredo”, resumiu o rexedor, en referencia ao compoñente social da competición. Considera que é “unha honra” acoller os xogos no municipio, que reunirán a 212 persoas entre deportistas, adestradores e voluntarios.
 
O evento celebrarase no paseo do río Trabe e no campo de fútbol e polideportivo do Burgo. A inauguración está fixada para as 10.45 horas seguindo o protocolo de cerimonias dos Xogos Olímpicos, coa lectura do xuramento de  Special Olympics. E a competición comezará ás 12.00 horas.
 
Eladio Fernández explicou que a elección das probas desta competición realízase agrupando as características dos participantes. Neste caso son individuais gardando as burbullas. Haberá categorías de 8 a 11 anos e de 12 en diante.
 
Asisten un total de 11 entidades de diferentes localidades das catro provincias galegas. Serán 126 deportistas.
 
“Os participantes  supéranse e  demostran  as  súas capacidades, que son  máis do que podemos  imaxinar”, apuntou Fernández.
 
Na presentación contouse o testemuño dun dos deportistas de  Asprogana, Bejamín Barbadillo.  Xoga ao fútbol sala, de porteiro, e manifestou o entusiasmo que lle suscita participar nas competicións de  Special Olympics.
 
Vista previaAdxuntoTamaño
Dossier_25_xogos_autonomicos_de_campo_a_traves_e_petanca_compressed.pdf2.29 MB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina