O pavillón municipal de Tarrío será escenario esta fin de semana da cita máis importante da tempada do balonmán galego; a 'Final Four' da primeira división autonómica, que decidirá os campións en categoría masculina e feminina.
O balonmán local contará coa representación do Balonmán Culleredo, que loitará por alzarse co trofeo ante o Conservas Orbe Rubensa Balonmán Porriño, Hospital Capilar Poio Artai e Acanor Novás Valinor.
No cadro feminino participarán o Escolas Balonmán Xiria, o Forbe Reconquista de Vigo, o Club Unón Balonmán Lavadores e o Club BM Tui.
A competición desenvolverase durante o sábado 23, cando terán lugar as semifinais nas que os cullerdenses se enfrontarán ao Hospital Capilar Poio Artai ás 18:00 horas, mentras que o domingo 24 se desputarán as finais e os encontros polo terceiro e cuarto posto.
Consulta a programación completa e merca as túas entradas na web do BM Culleredo nesta ligazón.
.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER