A banda madrileña de swing No Reply convértese na primeira confirmación para o Burgojazz 2022, cuxa XXI edición recuperará o seu formato tradicional tras a pandemia. Celebrarase do 1 ao 4 de xullo e proximamente iranse anunciando vindeiras confirmacións do cartel definitivo.
Nos seus inicios, o festival empezou como unha semana de jazz no ano 2001 cunha serie de concertos que se celebraron nos Muíños de Acea de Ama, pasando despois á súa localización actual no Xardín Botánico. Ao longo das súas edicións, pasaron un total de 109 grupos e bandas de toda Galicia e do resto de España. Destacan as actuacións de Roberto Somoza, Pablo Seoane, Abe Rábade, Sumrrá, Ñaco Goñi, Maureen Choi Quartet, Quinteto Cimarrón, Natalia Millán, Ou Sister, Swing Machine Orchestra ou Menil.
Despois de oito anos sen actuar, os No Reply volven á carga e presentarán o seu novo traballo “El invierno más largo”, publicado o pasado 2 de marzo e presentado na sala Caracol de Madrid o día 19 de deste mesmo mes. Confórmano os músicos Alejandro Serrano, Ernesto Millán, David Carrasco, Iván do Castelo, Marcos Crespo, Goiko Martínez, Adrián Bartol, Carlos Murillo e Rubén García.
Recuperarán temas do pop-rock de fala hispana levándoos ao seu universo do swing, así como as súas propias composicións orixinais. Cunhas influencias baseadas en grupos como Cherry Poppin` Daddies, Royal Crown Revue, Squirrel Nut Zippers, Louis Prima ou Brian Setzer Orchestra, a súa carta de presentación son os ritmos máis bailables, e que deron á música negra o seu mellor tempo. Desde o swing ata ska, pasando polo reggae ou o dixieland, a banda basea os seus concertos nunha festa de estilos sazonados de elegancia musical nos que nadie pode deixar de bailar.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER