O músico, Fran Amil, achegou esta mañá os clásicos da lírica galega ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato do Instituto Universidade Laboral, IES Blanco Amor e do IES Rego de Trabe, así como ás persoas usuarias do Centro Ocupacional a Escada.
Os asistentes puideron coñecer máis de preto as raíces da música galega grazas a Popsía, un proxecto nado no 2021, co que Amil recupera as composicións máis tradicionais da nosa música e literatura e as mestiza con ritmos actuais como o pop, o rock ou o funky para deste xeito achegalas á mocidade dun modo lúdico e didáctico. Acompañou ao músico o seu irmán e produtor, o coñecido Carlos Amil.
A iniciativa gozou dunha gran aceptación por parte do público hoxe congregado no auditorio do edificio de Servizos Múltiples, que mesmo se animou a tomar parte no espectáculo bailando algún dos temas interpretados. Moitos mesmo se interesaron á hora de ver a posibilidade de adquirir o CD, que consta de 10 pistas.
No acto, que se desenvolveu a través de dúas sesións, tamén estiveron presentes a concelleira de Educación do Concello de Culleredo, Jéssica Méndez, a edila de Cultura, Penélope López, e o xefe da área de cultura Pablo Bouza.
Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...
Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER