A rapazada cullerdense xa pode inscribirse nos nos Campamentos Deportivos de Verán organizados pola Deputación da Coruña no IES Rosalía Mera da Coruña.
As persoas que desexen participar faráno na primeira das cinco quendas organizadas polo ente provincial, que terá lugar desde o domingo 26 de xuño ata o venres 1 de xullo.
O prazo de inscrición estará aberto desde mañá, 27 de abril, ata o 20 de maio de 2022 e deberán presentarse as inscricións a Alcaldía-Presidencia no rexistro xeral do Concello no modelo debidamente cumprimentado (Casa Concello Tarrío), no rexistro auxiliar sito no Edificio de Servizos Múltiples (O Burgo), sendo necesaria a solicitude de cita previa e na sede electrónica ou poderán presentarse en calquera outra forma prevista na Ley 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
O prezo por inscrición será de 85 euros, que se ingresarán, unha vez que o rapaz ou rapaza obteña a súa praza.
Poderedes acceder a toda a documentación nos arquivos anexos.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
solicitude_xeral.pdf | 168.13 KB | |
resolucion_campamentos_deputacion.pdf | 593.04 KB | |
triptico_campamentos.pdf | 279.71 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER