Mañá, 27 de abril, abre o prazo para asistir aos Campamentos Deportivos de Verán da Deputación da Coruña

A rapazada cullerdense poderá inscribirse desde mañá, 27 de abril, nos Campamentos Deportivos de Verán organizados pola Deputación da Coruña no IES Rosalía Mera da Coruña.

As persoas que desexen participar faráno na primeira das cinco quendas organizadas polo ente provincial, que terá lugar desde o domingo 26 de xuño ata o venres 1 de xullo.

O Concello de Culleredo ten adxudicadas 13 praza e no caso de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas, realizarase un sorteo público para adxudicalas.

O prazo de inscrición estará aberto desde mañá, 27 de abril, ata o 20 de maio de 2022 e deberán  presentarse as inscricións a Alcaldía-Presidencia no rexistro xeral do Concello no modelo debidamente cumprimentado (Casa Concello Tarrío), no rexistro auxiliar sito no Edificio de Servizos Múltiples (O Burgo), sendo necesaria a solicitude de cita previa e na sede electrónica ou poderán presentarse en calquera outra forma prevista na Ley 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

O prezo por inscrición será de 85 euros, que se ingresarán, unha vez que o rapaz ou rapaza obteña a súa praza.

Poderedes acceder a toda a documentación nos arquivos anexos.

Vista previaAdxuntoTamaño
solicitude_xeral.pdf168.13 KB
resolucion_campamentos_deputacion.pdf593.04 KB
triptico_campamentos.pdf279.71 KB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina