O Concello de Culleredo celebrará o xoves 28 de abril un Pleno ordinario da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, das actas realizadas os días 24 de febreiro de 2022 e 30 de marzo de 2022.
2. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, proposta sobre modificación do representante suplente do Concello no Consorcio As Mariñas.
3. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político do BNG sobre exposición pública do proxecto relacionado co VIAL 18.
4. Dación de conta de resolucións da Alcaldía e concellarías delegadas.
5. Dación de conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión de data 28 de marzo de 2022 sobre convocatoria e bases da convocatoria para a contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia, incluída a liña 1.1. do plan de emprego local (PEL) (5 conserxes).
6. Dación de conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión de data 11 de abril de 2022 relativo a aprobación inicial do “Plan especial de infraestruturas e dotacións nun ámbito de solo rústico no lugar de Rumbo”.
7. Dación de conta de informes de reparo de Intervención.
8. Dación de conta de cesión de terreos para viarios públicos.
9. Mocións urxentes.
10. Rogos e preguntas.
Será retransmitido a través da canle oficial de YouTube do Concello de Culleredo: https://bit.ly/3MxCvdf
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER