IX Carreira Pedestre Ría do Burgo

O Concello de Culleredo organiza, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e a
Deputación da Coruña, a IX Carreira pola ría do Burgo, prevista para o domingo 15 de maio, A
proba forma parte do VIII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

Celebrarase o domingo 15 de maio no paseo marítimo da ría do Burgo, no termo municipal de Culleredo, con saída e meta nas instalacións situadas ao pé do Xardín Botánico. Establécense as seguintes categorías, en función da data de nacemento dos participantes, coas súas correspondentes distancias:

As inscricións permanecerán abertas ata as 23:59 do mércores 11 de maio de na web www.carreirasgalegas.com; o prezo da mesma será de 5 euros na carreira dos 8 km da proba  absoluta. O número máximo de participantes será de 999.
 
Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e feminina de todas as categorías, agás todos os nenos e nenas participantes nas categorías pequerrechos e prebenxamín que recibirán unha medalla.
 
                                                      Percorrido de 1100 metros
A proba estará cronometrada pola Federación Galega de Atletismo. Os chips de cronometraxe irán adheridos ao dorsal e poderán recollerse entre o venres 13 de maio de 18:00 horas a 20:30 horas e o sábado 14 de maio de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:30 horas no Xardín Botánico do paseo marítimo, ou ben na zona de saída e meta entre as 9:00 e as 10:30 horas o mesmo día da carreira.
 
Cronometraranse electronicamente todas as categorías agás a de pequerrechos e prebenxamín. O avituallamento será na zona de meta para todas as categorías. Nos 8 km haberá tamén outro a metade de percorrido. Cada participante terá acceso, coa inscrición, a unha camiseta conmemorativa, que será entregada no momento de retirada de dorsais.
 
                                                       Percorrido de 8 quilómetros
Ademais de contar cos servizos dunha ambulancia medicalizada presente na zona de meta, os participantes estarán cubertos polo correspondente seguro de accidentes da proba. Haberá servizo de vestiarios e duchas na polideportiva Ria do Burgo. Non se dispón de servicio de guardaroupas.
 
As reclamacións aos resultados oficiais deberán formularse verbalmente ao xuíz árbitro da Competición non máis tarde de trinta minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da F.G.A., e R.F.E.A. en vigor.
 
Máis información na web www.carreirasgalegas.com

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina