O Concello de Culleredo confirma que Alejandro Vargas Trío formará parte do programa do Burgojazz 2022, que para esta edición, e xa van vinte e unha, recuperará o seu formato tradicional, e celebrarase no Xardín Botánico do 1 ao 4 de xullo.
Alejandro Vargas ao piano; José Manuel Díaz ao contrabaixo e L.A. R. Legido á batería únense á participación de Voando Libre, Zumaque Trío, Zafra, Pablo Sanmamed Trío e Non Reply.
O teclista, que dá nome á agrupación, graduouse na Universidade de Artes de Cuba e foi primeiro premio no concurso de mozos jazzistas de Cuba JoJazz 2001. En 2008 alzouse co premio ao mellor disco de jazz no certame Cubadisco con “ Trapiche”. Foi premio especial no certame Cubadisco 2013 con “Miniaturas de Eugenio Granell, Música Revelada”.
En 2003 xa é oficial a súa agrupación musical denominándose Alejandro Vargas e Oriental Quartet, integrándose ao catálogo de excelencia profesional da empresa Música popular, unha das máis recoñecidas do país. Desta maneira comeza as xiras internacionais viaxando a festivais de jazz.
Sendo un dos mozos jazzistas cubanos máis recoñecidos no país, a estética que traballa no seu discurso composicional nútrese da raíz popular a través do órgano oriental, levando esta expresión á escena do jazz cubano.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER