O Concello de Culleredo acolleu o venres pasado a presentación do primeiro libro de ilustracións de Yago Arias que leva por título “Recopilación de dibujos y pinturas ( vol. 1)”.
No acto, que tivo lugar no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, participaron Penélope López, concelleira de Cultura, Ana Julia Martínez, escritora, e Carmen Mahía Vázquez avogada e coach.
Yago Arias é un artista cullerdense que conta con taller propio no Burgo, onde ofrece clases, ademais de desenvolver a súa actividade artística.