O Concello de Culleredo deseñou un dispositivo de seguridade para este venres, 1 de xullo, debido ao concerto de Mago de Oz, previsto para as 23 horas no paseo da ría do Burgo, na zona da Cros, que se enmarca dentro da programación do mercado templario, que empeza mañá.
Así, co obxectivo de garantir a seguridade de todos os asistentes ao concerto, o venres cortarase o tráfico na Avenida Juan Carlos I a partir das 20:30 horas. Por tanto, non se poderá acceder desde o cruce con Anxo Senra e desde a ponte do Burgo. Ademais na zona da Cros habilitarase un aparcamento para as persoas con mobilidade reducida que queiran gozar do concerto.
Na Cros, nun espazo próximo ao escenario, instalarase un posto de seguridade avanzado que contará coa presenza das forzas e corpos de seguridade e de persoal do servizo de emerxencias.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER