Vilaboa vivirá desde este sábado, día 9 de xullo, e ata o martes 12, unha ampla programación nas festas patronais que organiza a Comisión de Festas. Espérase a afluencia de miles de persoas de Culleredo e arredores polo que os festexos contarán cun dispositivo especial de seguridade da Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.
Será un plan de seguridade coordinado, centrado na atención ao cidadán e na regulación do tráfico. O Concello reforzará todos os días as quendas dos axentes da Policía Local en horario nocturno, cando se concentra un maior número de asistentes ás festas.
O obxectivo primordial do dispositivo de tráfico será a seguridade do peón. Por iso prohibirase o estacionamento na zona das festas e amplíase o espazo peonil con valos. Para lograr un paso seguro entre a praza da Igrexa e a zona das atraccións, onde haberá maior trasfega, efectivos de seguridade estarán permanentemente regulando o paso de peóns da avenida.
Para facilitar a accesibilidade, o Concello establecerá zonas para o estacionamento de persoas con mobilidade reducida. Na avenida de Vilaboa haberá tamén un espazo reservado para taxis, autobuses e ambulancia.
Reforzo das liñas de autobús
Segundo fixo saber ALSA, a través de Autos Cal Pita e Asicasa, haberá un reforzo do servizo de autobuses con motivo das Festas de Vilaboa. Durante os días 10, 11, 12 e 13 de xullo, estará dispoñible unha liña ás 1:00 horas da madrugada con regreso A Coruña.
Ademais, o día 13, poñerase ao dispor das persoas usuarias un vehículo a maiores, ás 1:45 horas. O itinerario será o seguinte:
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER