Desde o pasado 27 de xuño, 320 nenas e nenos de Culleredo xa gozan do programa Mañás de campamento, impulsado polo Concello e co que se busca facilitar a conciliación, así como dinamizar espazos formativos para aprender dunha maneira sa nun período non lectivo como é o verán.
As actividades, que se desenvolven nas instalacións do CEIP Vila de Rutis e o CEIP Sofía Casanova, están deseñadas para gozar ao aire libre de xogos, promovendo a convivencia e as relacións e interaccións sociais entre as nenas e nenos. Están adaptadas ás diferentes idades, cun enfoque activo e participativo, e están unidas mediante un fío condutor. A ciencia, a historia, a música, as artes plásticas e a natureza son as diferentes temáticas que se abordan nos talleres que levan a cabo.
Socializar e desenvolver valores de tolerancia, traballo en equipo, integración, respecto cara aos demais e á súa contorna, son os obxectivos transversais deste programa.
A concelleira de Educación, Jéssica Méndez, achegouse esta mañá ata o Sofía Casanova para comprobar que o desenvolvemento das actividades está a ser satisfactorio tanto para o persoal formador como para as máis pequenas e pequenos. “É unha gozada poder ver como aprenden divertíndose, dunha maneira sá, ao aire libre nun día como o de hoxe e con actividades deseñadas para promover os valores sociais que queremos nunha sociedade do futuro”, sinalou a edila.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER