O Concello de Culleredo celebrará mañá, xoves 28 de xullo e ás 13:30 horas, unha sesión ordinaria do Pleno da corporación. Desenvolverase dacordo a seguinte orde do día:
- Proposta sobre solicitude de subvención nominativa á excma. Deputación da Coruña para a "Mellora da seguridade viaria e renovación de pavimentos na rúa Andrés Pan Vieiro".
- Proposta sobre nomeamento de rúa na parroquia de Rutis.
- Proposta sobre nomeamento de rúa na parroquia de Culleredo.
- Proposta sobre indemnización por gastos derivados de procesos xudiciais.
- Dación de conta de resolucións de Alcaldía e concellarías delegadas.
- Dación de conta do informe anual no marco do plan anual de control financieiro do Concello de Culleredo. Exercicio 2021.
- Dación de conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión de data 4 de xullo de 2022 sobre aprobación da convocatoria e das bases específicas da convocatoria no proceso selectivo enxeñeira/o industrial".
- Dación de conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión de data 4 de xullo de 2022 sobre corrección dun erro material na acta da Xunta de Goberno Local do 23 de maio de 2022.
- Dación de conta de informes de reparo de intervención.
- Mocións urxentes.
- Rogos e preguntas.
Poderás seguilo a través da canle oficial de YouTube do Concello de Culleredo: https://bit.ly/3Q30XFn