O Concello publica a programación das Escolas Muncipais, que engloba actividades deportivas e culturais. Estas van dirixidas tanto á rapazada coma ós adultos, xa que existen todo tipo de opcións e grupos nos que inscribirse, indo desde o baile de salón ou a informática e emprego dispositivos intelixentes ata bailes urbanos, deseño de videoxogos e pintura.
O prazo de preeinscrición telématica comezará o vindeiro 22 de agosto, concluíndo o día 31 do mesmo mes. Doutra banda, este período tamén estará dispoñíbel entre o 1 e o 7 de setembro tanto presencial como telematicamente. Unha vez publicada a listaxe provisional e realizado o sorteo público, o día 13 e o 19 dese mes respectivamente, abrirase o tempo de matriculación, que será do 23 ao 28 de setembro. As Escolas comezarán no mes de outubro.
Algo a resaltar é que terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Culleredo.