A corporación do Concello de Culleredo celebrará o vindeiro xoves, 18 de agosto e ás 10:00 horas, un Pleno ordinario coa seguinte orde do día:
1. Proposta sobre ratificación do cambio de día e hora da sesión ordinaria do día 25 de agosto de 2022.
2. Lectura e aprobación, se procede, do borrador das actas das sesións plenarias de datas 30/06/2022, 26/07/2022 e 28/07/2022.
3. Proposta sobre determinación de festas locais de Culleredo para o ano 2023.
4. Proposta de adhesión do Concello de Culleredo ao Plan Xeral de Prevención de Riscos e Medidas Anti-Fraude da Deputación da Coruña (Plan PREMADECOR).
5. Ratificación da inclusión na orde do día de asuntos non ditaminados pola comisión informativa: 5.1. Moción do BNG sobre proposta de convenio coa Xunta de Galicia para o uso da polideportiva do IES Rego de Trabe fóra dos horarios de actividade escolar.
6. Actividade de control ao Pleno: 6.1 Dación de conta das resolucións de alcaldía presidencia e concellarías delegadas. 6.2. Dación de conta de informes de reparo de intervención. 6.3. Dación de conta do acordo da xunta de goberno local, de data 22 de xullo de 2022, sobre aprobación da convocatoria e das bases reguladoras do proceso selectivo para a selección de persoal funcionario interino, psicóloga/o, por programas e creación dunha bolsa para nomeamentos. 6.4. Dación de conta do acordo da xunta de goberno local, de data 22 de xullo de 2022, sobre aprobación da convocatoria e das bases reguladoras do proceso selectivo para a selección de persoal funcionario interino, educadoras/es sociais, por programas e creación dunha bolsa para nomeamentos. 6.5. Dación de conta do acordo da xunta de goberno local de data 22 de xullo de 2022, sobre convocatoria e das bases reguladoras do proceso selectivo para a selección de persoal e das bases reguladoras do proceso selectivo para a selección de persoal funcionario interino, traballadores sociais, por programas e creación dunha bolsa para nomeamentos. 6.6. Dación de conta do acordo da xunta de goberno local de data 22 de xullo de 2022 sobre aprobación da convocatoria e das bases reguladoras do proceso selectivo para a selección de persoal funcionario interino, asesor xurídico social, por programas e creación dunha bolsa para nomeamentos.
7. Mocións de urxencia.
8. Rogos e preguntas.
Poderase seguir en vivo na canle oficial de YouTube do Concello de Culleredo, na seguinte ligazón: https://bit.ly/3PrRKpj
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER