Mañá dará comezo o XLIII trofeo de fútbol afeccionado ‘Concello de Culleredo’, e farao co encontro que disputarán en Rutis o Olímpico de Rutis CF “A” e o Sporting Burgo, ás 21:00 horas. A final celebrarase o día 3 de setembro ás 18:00 horas no campo de Rutis.
O grupo A confórmano tanto Olímpico de Rutis “A” FC, como o SD Portazgo e o Sporting Burgo. No B, atópanse a UDJ Almeiras, o AD Culleredo e o Olímpico de Rutis CF “B”. O 20 de agosto veranse as caras os integrantes do AD Culleredo e a UDJ Almeiras en Tarrío ás 20:30 horas. O 24 de agosto enfrontaranse o Sporting Burgo e o Portazgo SD no campo do Burgo ás 21:00 horas.
O 25 de agosto, quenda para a UDJ Almeiras e o Olímpico de Rutis CF “B” en Almeiras ás 21:00 horas. O 29 de agosto, o Portazgo SD e o Olímpico de Rutis CF “A” en Ou Carrizo ás 20:30 horas. Por último, o 31 de agosto, o Olímpico de Rutis CF “B” E o AD Culleredo pecharán o calendario de encontros ás 20:30 horas en Rutis.
Toda a competición celebrarase polo sistema de liga a unha volta. En caso de empate decidirase por diferenza de goles xeral, en primeiro termo; por diferenza de goles particular entre os equipos implicados, seguidamente; ou por máis goles a favor, no terceiro dos casos. En ningún partido haberá prórroga. Celebraranse penaltis.
A duración dos encontros será de 90 minutos e o acceso aos mesmos será totalmente gratuíto.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER