O Concello de Culleredo adxudicou o proxecto de implantación de eficiencia enerxética nos bombeos de augas residuais, unha das instalacións que empregan maior electricidade e de forma continuada. Consistirá na substitución das bombas actuais por unhas novas dotadas de motores eficientes e regulación electrónica.
Para emprender a actuación, o goberno municipal ha logrado unha subvención do IDAE (Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía). En total, o investimento alcanzará os 188.055,86 euros, dos que o organismo estatal inxectará 150.444,08 euros, sendo a contía restante procedente das arcas municipais.
O proxecto do Concello inclúe a instalación de 5 bombas na estación de bombeo de Acea de Ama e outras dúas no bombeo de Alvedro. Coa súa entrada en funcionamento conseguirase tanto unha notable redución de emisións de dióxido de carbono como aforro económico.
En concreto, as novas instalacións supoñerán un gasto enerxético de 18.746,71 euros ao ano, fronte aos 31.057,09 euros actuais, o que implica un aforro dun 39,64%. E en canto a consumo baixarase nun 38,92%.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, destaca a importancia do proxecto ao “implantar unha tecnoloxía respectuosa co medio ambiente no sistema de saneamento”, un dos que máis recursos enerxéticos require.
Os fondos procederán do FEDER da Unión Europea, no marco do obxectivo de economía baixa en carbono. O prazo máximo para acometer o proxecto será xullo de 2023.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER