Finita Gay xa forma parte do patrimonio inmaterial de Culleredo tras a homenaxe no Castelo Conta

Finita Gay xa forma parte do patrimonio inmaterial de Culleredo coa súa homenaxe no Castelo Conta, que tivo lugar onte, martes 23 de agosto, con inauguración do mural conmemorativo á súa figura, que como muller da época marcou un antes e un despois a nivel cultural, social ou empresarial.

Foi executado polo artista urbano ‘Mon Devane’ nunha das paredes do Centro Social da parroquia, que contou coa autorización municipal tras solicitalo a organización. A concelleira de Cultura, presente no acto lembra, ante diferentes preguntas que "se autorizou que o mural se pintase na fachada do Centro Social", á vez que encomiou durante a presentación do Castelo Conta a "maneira excepcional de homenaxear ‘á Martela’, como se lle coñecía, coa súa familia e cunha obra que será xa para sempre parte do patrimonio cullerdense”, afirmou.

O Concello de Culleredo aposta polo modelo sostible e cultural do Castelo Conta cunha achega de 56.000 euros. A Administración local contratou a parte dos artistas, loxística e actividades de ámbito medio ambiental nunha idea que espera consolidar co tempo, coa colaboración dos promotores desta idea, que comanda o humorista Xosé Touriñán.

“Confiamos e poñemos en valor a relevancia do Castelo Conta á hora de sustentar a maneira de difusión cultural e medio ambiental ás novas xeracións”, afirma o alcalde, quen sinala que “pasarse por Castelo durante esta semana é ver que unha maneira de divertirse e ser respectuoso coa contorna é posible”.

Así, o Concello sufragou o gasto que supoñen os talleres de autocultivo, refuxios para insectos, plantacións simbólicas de especies autóctonas e a camiñada divulgativa sobre a flora autóctona do monte galego. Ademais, tamén se fixo cargo das actuacións de Guadi Galego, Xabier Díaz, Galifunk Brass, Carlos Blanco e Luís Davila ou os equipos de son e iluminación, ademais do equipo loxístico, ambulancia para a andaina do sábado, Protección Civil ou valos de seguridade.

José Ramón Rioboo, alcalde de Culleredo, amósase “moi orgulloso do equipo de organización, por dar vida a un evento que xa cumpre a sétima edición e que tivo que esperar dous anos a celebrarse pola pandemia, pero que volve ao grande”, asegura o rexedor, quen manifestou o “total compromiso do goberno local con Castelo e unha programación tan completa para pequenos e maiores”.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina