O Concello de Culleredo abrirá o día 2 de setembro o prazo de preinscrición para o programa municipal da Coral de Adultos do Conservatorio de Música, que se poderá facer efectiva do 2 ao 22 do mesmo mes. O número de prazas dispoñibles é de 45, que se cubrirán por estrita orde de inscrición. Terán prioridade as persoas empadroadas en Culleredo e está dirixida para as persoas maiores de 18 anos.
Realizarase mediante impreso específico para o Conservatorio Municipal de Música de Culleredo, que se presentará no Rexistro Municipal e que se facilitará no Edificio Municipal de Servizos Múltiples, no Concello e nos Centros Municipais dependentes do Servizo de Benestar Social.
O venres 23 de setembro publicaranse as listas provisionais de preinscrición, tanto no Edificio de Servizos Múltiples e na páxina web do Concello de Culleredo. A publicación das listas de admisión para matricularse será o xoves 29 de setembro, no Conservatorio Municipal de Música de Culleredo e na páxina web municipal. O prazo de formalización de matrícula irá desde o luns 3 de outubro ao venres 7 do mesmo mes. Será gratuíta.
A lista definitiva de persoas matriculadas farase pública o luns 10 de outubro de 2022, tanto no Conservatorio Municipal de Música de Culleredo como na páxina web do Concello. A actividade desenvolverase no Conservatorio os luns e os xoves de 10:30 a 12:00 horas.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
3_listado_listas_definitivas_de_persoas_matriculadas_na_actividade_da_coral_de_adultos_do_conservatorio_municipal_de_musica_de_culleredo.pdf | 66.52 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER