Culleredo acollerá este venres a estrea do proxecto Rock-Barock no Conservatorio de Música Municipal

Culleredo acollerá este venres a estrea do proxecto Rock-Barock, un programa feito en Galicia por Wladimir Rosinskij e os seus colaboradores, principalmente músicos e músicas da Orquestra Sinfónica de Galicia, para recuperar e poñer en valor músicas antigas do barroco e músicas contemporáneas de compositores como Vivaldi, Santiago de Murcia e o propio Rosinskij, que estreará unha obra propia.

Trátase dun concerto enmarcado dentro do Xacobeo 21-22 que conta coa organización da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Culleredo e a Asociación Cultural ¾.

 

Haberá unha xira de dous concertos, en Galicia e Alemaña, sendo o primeiro en Culleredo. O segundo celebrarase o 17 de setembro na localidade de Passau. Preténdese que este evento adquira un carácter anual, a modo de festival internacional e con sede en Culleredo, de músicas de Galicia e do mundo conxugando tradición e modernidade, con distintas linguaxes artísticas, músicas e intérpretes de diversas latitudes.

Será executado por compoñentes da Camerata da Orquestra Sinfónica de Galicia, e que como solistas terá a Yvonne Zehner (guitarra), Frank Stadler (violín), Noe Rodrigo (percusión) e baixo a dirección de Wladimir Rosinskij. Dará comezo ás 19:30 horas e de libre acceso ata completar aforo.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina