O Concello adxudica en 66.188 euros a mellora de vías en Vinseira Pequena e Castelo

O Concello de Culleredo adxudica novas actuacións dentro dos seus plans de mellora da rede viaria do municipio. Nesta ocasión acaba de contratar as obras para renovar viarias de Vinseira Pequena e de Castelo, respondendo as demandas dos residentes da súa contorna.

O goberno local investirá 66.188 euros nas dúas intervencións. A renovación do vial VP-357 en Vinseira Pequena adxudícase en 30.978 euros mentres que no caso do vial VP-494, en Castelo, a contía alcanza os 35.210 euros.

Os traballos consisten na mellora do seu acabado estrutural e drenaxe, coa consecuente optimización da seguridade viaria. O firme será renovado, cun rebacheado nas zonas máis deterioradas, e a disposición dunha nova capa de rodadura en toda a superficie. Finalmente levará a cabo a correspondente sinalización horizontal e vertical.

Ambas as vías funcionan como acceso a zonas residenciais. No caso de Vinseira Pequena, a estrada que se renovará, de 0,5 quilómetros, conecta as vivendas coa AC-400. E no caso de Castelo, a vía une a estrada provincial coa contorna de Villaverde, con 0,3 quilómetros.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina