As familias do IES Rego de Trabe denuncian a falta de persoal coidador para o alumnado con necesidades especiais

As familias do IES Rego de Trabe, coincidindo co inicio de curso, denuncian a falta de persoal coidador para o alumnado con necesidades especiais. A Xunta de Galicia concedeu onte unha nova persoa a media xornada, que aínda non se incorporou, e desde o centro afirman que “optimizarán os recursos cos que contan para este novo exercicio 2022-2023”, xa que un coidador é compartido co CEIP Vila de Rutis.

No Rego de Trabe levan catro anos atendendo a dous alumnos con necesidades especiais que este ano cursarán primeiro de Bacharelato, xunto a unha nova alumna que se incorpora este setembro a Educación Secundaria Obrigatoria. Un total de tres alumnos cos que contará o centro e #ante o que se tiveron que “expor novos organigramas e realizarase un estudo para unha correcta restructuración dos grupos e aulas para que o persoal coidador poida atender ás nenas e nenos dunha maneira óptima”, afirman.

Jéssica Méndez, concelleira de Educación do Concello de Culleredo, púxose en contacto coa Consellería de Educación para solicitar unha reunión co xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, e transmitirlle así a preocupación dos pais e nais ante “a falta de coidadores este curso, xa que aínda que a raio é dun por cada sete alumnas e alumnos, consideramos que as necesidades no IES Rego de Trabe son maiores, sendo un tema de inmensa relevancia como para non ser tratado coa consecuente sensibilidade”, apuntou a edila.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina