O Concello de Culleredo obtivo, tras meses de tramitación administrativa con Patrimonio, debido a que a contorna dos traballos de remodelación da Praza de Galicia atópase en área de influencia do Camiño Inglés, os pertinentes permisos para a licitación da obra, que espera ver a luz nas próximas semanas. Foise adaptando así, progresivamente, aos cambios que requiría o ente autonómico.
Tras numerosas reunións entre o proxectista, os técnicos municipais e o alcalde, José Ramón Rioboo, con responsables de Patrimonio, chegouse despois de meses ao acordo definitivo. O primeiro requirimento foi o 3 de xuño do 2021, e máis dun ano despois obtéñense todos os permisos para poder licitar a intervención.
O rexedor agradeceu a Patrimonio “que por fin autorizase a obra, que debe cumprir o principal obxectivo, que non é outro que evitar as filtracións aos garaxes na súa planta superior, para o que desde o xulgado déronse as prórrogas para a súa execución”, sinala.
Contará cun orzamento de 1.367.816 euros e gozará dunha imaxe moderna, co peón como protagonista. O proxecto do Concello contempla un cambio substancial tanto na súa estética como nas súas prestacións, cun novo parque infantil e remodelación do firme.
Prevense, entre outras medidas, mellorar a seguridade viaria e implementar accións de rexeneración urbana da contorna modificando os pavimentos tanto de beirarrúas como da calzada, a reparación dos servizos municipais deteriorados, a reordenación de espazos e a adaptación dos itinerarios peonís ás normativas de accesibilidade vixentes.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER