A praza Europa acollerá esta fin de semana a Feira de Oportunidades da Deputación da Coruña

Culleredo acollerá esta fin de semana a Feira de Oportunidades da Deputación da Coruña, a última das seis que impulsou o ente provincial e que estará o sábado 17 e o domingo 18 de setembro na praza Europa. 

O sábado poderá visitarse de 11:00 a 14:30 horas pola mañá e de 17:00 a 21:00 horas pola tarde. O domingo, de 11:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

Participan unha vintena de comercios e autónomos locais: Confeccións Mayran, As maletas de Noe, Ecoterra, Moda Dara Lúa, Imprenta Papelería Vilaboa, Miss Jean, Xoiería Vilaboa, Moda Infantil Caprichos, Florería Alecrín, A despensa dás abellas, Calzados Turín, Arte na mesa, Franciso García Pintor, O vestidor de Monse, Styletto, Devalo, Retales Corral, A Pituresca, Viaxes Vefa e Juifi R.

Haberá talleres para os máis pequenos, de postais, maracas, tatuaxes e chapas, elaborarase un mural colaborativo e tamén poderán gozar de xogos xigantes e populares. Tanto o sábado como o domingo, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, haberá flocos de millo de millo gratis, cos tiquets que se poden adquirir nas carpas da feira.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina