Culleredo estreou esta mañá a Feira de Oportunidades da Deputación da Coruña, a última das seis que impulsou o ente provincial e que estará hoxe e mañá en Praza Europa. Ao acto inaugural acudiu o alcalde e deputado provincial, José Ramón Rioboo Castro, xunto aos concelleiros e concelleiras Mario Iglesias, Abraham Seijas, Carlos Liñares, Penélope López, Marta Iglesias, Marta Figueroa e Miguel Suárez.
Hoxe, sábado 17 de setembro, poderá visitarse de 11:00 a 14:30 horas pola mañá e de 17:00 a 21:00 horas pola tarde. Mañá domingo, 18 de setembro, de 11:00 a 14:30 horas en horario matutino e de 17:00 a 20:00 horas en horario vespertino.
Participan unha vintena de comercios e autónomos locais: Confeccións Mayran, As maletas de Noe, Ecoterra, Moda Dara Lúa, Imprenta Papelería Vilaboa, Miss Jean, Xoiería Vilaboa, Moda Infantil Caprichos, Florería Alecrín, A despensa dás abellas, Calzados Turín, Arte na mesa, Franciso García Pintor, O vestidor de Monse, Styletto, Devalo, Retales Corral, A Pituresca, Viaxes Vefa e Juifi R.
Haberá talleres para os máis pequenos, de postais, maracas, tatuaxes e chapas, elaborarase un mural colaborativo e tamén poderán gozar de xogos xigantes e populares. Tanto o sábado como o domingo, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, haberá flocos de millo de millo gratis, cos tiquets que se poden adquirir nas
carpas da feira.
A Deputación realizou un contrato para o desenvolvemento de seis feiras en municipios de poboacións entre 10.000 e 50.000 habitantes que conten cunha Asociación de comerciantes e con mesa de comercio propia ou mesa de comercio da Deputación. A fin destas é apoiar a comerciantes e artesáns da provincia.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER