A Deputación da Coruña licitou o proxecto de acondicionamento e mellora da seguridade viaria da DP-3104 ao seu paso por Liñares, na contorna do aeroporto de Alvedro. Crearase unha senda peonil de aproximadamente 1,8 quilómetros, que partirá da antiga igrexa de Santo Estevo de Tarrío e terminará na intersección da DP-3104 coa antiga N-550. Contará cun orzamento de 522.692,67 euros. O prazo de presentación de ofertas remata o 24 de outubro.
O alcalde de Culleredo sinala que “a área de Vías e Obras da Deputación atende con esta licitación unha esta intervención unha antiga reivindicación do Concello de Culleredo e da veciñanza de Liñares para mellorar a seguridade peonil nun núcleo que, a pesar de contar con numerosas vivendas nas marxes da estrada, carecía ata o de agora dun itinerario peonil seguro”.
Esta infraestrutura terá dúas tipoloxías diferenciadas. Na zona onde existen vivendas adxacentes, entre os PK 1+360 e 2+305, estará construída con adoquín prefabricado de formigón sobre base de xabre, morteiro e formigón; mentres que no resto da obra construirase con aglomerado asfáltico, a medio metro da marca viaria do bordo actual da estrada. Nos cruces das rúas, o adoquin de formigón será sustituído por pavimento de adoquín de pedra natural.
Durante as obras será necesario executar algúns muretes e retranquear o eixo da estrada en dous tramos: na zona de parada do bus entre os puntos quilométricos 1+393 e 1+509 e a zona comprendida entre os quilómetros 1+609 e 1+837, onde se desmontará o talud existente e executarase un muro de mampostería na marxe esquerda, ampliando un metro o ancho da estrada para conseguir un itinerario accesible na senda. Nestes tramos, dotarase dunha nova capa de rodaxe a toda a calzada.
A senda contará ao longo do seu percorrido cunha rede de recollida de pluviais con tubaxes de PVC, os correspondentes pozos de rexistro e rede de sumidoiros. Tamén se repoñerán algúns servizos afectados polas obras como determinados tramos de saneamento e algúns postes da iluminación pública. Finalmente, renovarase a sinalización vertical e horizontal en todo o tramo, instalando o balizamento e as proteccións necesarias.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER