O alcalde, a tenente de alcalde e a representante da Fundación Paz y González en Almeiras reúnense para tratar o futuro centro de maiores

O alcalde, José Ramón Rioboo, a tenente de alcalde, Lupe Pombo e a representante da Fundación Paz e González, María José Santos Veira reuníronse no Concello para tratar o futuro centro de maiores da parroquia, para cuxa construción se estudará a viabilidade da devandita instalación.

“O complexo deste proxecto non é a súa execución, se non o posterior mantemento, dado os altos custos que teñen en material e persoal”, admitiu Rioboo, quen se compromete a “realizar un estudo económico, financeiro e de viabilidade”. 

Santos Veira expuxo que se dispoñen duns 400.000 euros, dos que ela é unha das albaceas. Por ambas as partes amosouse unha total disposición para “deseñar conxuntamente e en conexión co departamento de Servizos Sociais un programa de actividades que dinamicen a convivencia entre as e os maiores de Almeiras”.

En todo caso, o goberno local quedou emprazado a falar con diferentes colectivos e administracións, e a través da asistencia técnica, facer que esta idea sexa viable a medio prazo. Habería que dar a coñecer este investimento a todas as persoas que conforman a dirección da Fundación Paz e González, para despois reunirse cos veciños e veciñas e que decidan en función dos custos que poida ter o centro. 

Tanto Rioboo como Pombo mostraron a “total disposición do Concello para estreitar en todo o posible as colaboracións administrativas e poder facer viable un proxecto que redundaría no beneficio da parroquia de Almeiras e nos seus maiores”.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina