O Centro de Formación Municipal Pablo Picasso acolle un novo curso de empregabilidade para a rapazada de 16 a 30 anos

O Centro de Formación Municipal Pablo Picasso acolle un novo curso de empregabilidade para mozas de 16 a 30 anos, actividade que se desenvolverá ata o 17 de outubro nunha das aulas do edificio.

Trátase dun programa integral de cualificación e emprego cofinanciado polo Fondo Social Europeo, o Ministerio de Traballo e Economía Social e as Cámaras de Comercio de España e A Coruña.

Está deseñado para dar resposta ás necesidades dos mozos en materia de procura de emprego, ofrecendo unha formación que aumente as súas oportunidades laborais e coa finalidade de preparar aos alumnos e alumnas para afrontar con éxito as entrevistas de traballo.

Os obxectivos básicos son o facilitar o desenvolvemento do alumnado e habilidades, coñecementos e recursos que lles permita achegarse ás empresas, desenvolverse adecuadamente en postos de traballo, enfrontarse á procura de emprego, autocoñecemento persoal, sentirse seguro e aceptado polo conxunto da sociedade, desenvolvemento de ferramentas e estratexias para a consecución dun emprego, sistematizando condutas exitosas ou a utilización das redes sociais.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina