O Concello sacou a licitación a renovación da rúa Cruces, en Toroño, cun orzamento base de 64.092,77 euros. Corresponde ao vial público VP-250 e parte do vial VP-251, que ten unha lonxitude de 517 metros e un ancho medio de 5,2 metros. Inclúese na listaxe de obras correspondentes ao Plan Único 2022 da Deputación da Coruña.
As principais liñas de traballo do proxecto céntranse na renovación de pavimentos, a execución de tarefas de conservación e mantemento, a mellora na drenaxe, a reposición de servizos afectados polas obras e a renovación da sinalización, optimizando así as condicións de seguridade viaria.
Como parte das accións previas, realizaranse actuacións de limpeza de bordos naquelas zonas que se considere necesario, así como o fresado do pavimento actual nos entroncamentos e no inicio e final da vía. Na superficies de bacheado, executarase unha demolición do firme actual, perfilarase a cuneta do tramo final e levarase a cabo unha capa de regularización de formigón bituminoso.
O prazo de presentación de ofertas é o 14 de outubro.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER