- O Concello sufraga a actuación deste grupo de música, cunha ampla traxectoria no panorama musical tradicional, nunha xornada organizada polo colectivo As Berenguelas.
Culleredo celebrará o próximo 15 de outubro o Día da Muller Rural cunha programación protagonizada polo concerto de ‘A Roda’. O Concello sufraga a actuación deste grupo de música, cunha ampla traxectoria no panorama musical tradicional, nunha xornada organizada polo colectivo As Berenguelas e que se desenvolverá integramente na contorna da Torre de Celas.
O concerto celebrarase ás 13:00 horas, para dar paso posteriormente á comida, con viandas como fideuá ou empanadillas, e para a que é necesario adquirir ticket. De maneira anticipada, pode facerse a compra chamando ao teléfono 622 34 77 88.
Como colofón á xornada, actuarán os grupos ‘Os larpeiros de Altamira’, ‘As Avelaíñas’, ‘Ancoradoira’, ‘Xeitosiños’ e ‘Os batuxeiros’. Durante todo o día haberá unha Feira de Artesanía, onde artesáns e artesás tamén exhibirán produtos de orixe ecolóxica.