O Concello de Culleredo, a través da Concellería de Dinamización Local, Cultura, Festas e Turismo, ten previsto impartir ao longo do mes de novembro deste ano unha serie de accións formativas enmarcadas dentro do Plan Municipal de Formación Laboral 2022, dirixidas aos veciños/as de Culleredo que preferentemente se atopaban en situación de desemprego e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Con esta formación preténdese capacitar ás persoas para o desempeño cualificado das profesións e o acceso ao emprego, favorecer a formación das persoas traballadoras mellorando a súa capacitación profesional e desenvolvemento persoal, contribuír á mellora da productividade e competitividade das empresas, proporcionar aos traballadores os coñecementos axeitados ás competencias profesionais requiridas no mercado de traballo e ás necesidades das empresas e mellorar a empregabilidade e a recualificación dos traballadores, especialmente dos que teñen dificultades de mantemento do emprego ou de inserción laboral.
A preinscrición realizarase mediante o formulario habilitado para tal fin, dende o 20 de outubro ás 9:00 ate o 25 de outubro ás 23:59, accedendo no seguinte enlace:
Formulario preinscrición
As accións formativas a impartir son as seguintes:
- Manipulación de cargas con carreta elevadora. 2 edicións, 12 participantes/edición.
- Operador/a de plataformas elevadoras de persoal e traballos en altura. 12 participantes.
- Manipulador/a de alimentos. 1 edición, 20 participantes.
Impartiranse no Centro Municipal de Formación e Emprego “Pablo Picasso” do Concello de Culleredo, agás a parte práctica do cursos de manipulación de cargas con carreta elevadora e operador/a de plataformas elevadoras de persoal e traballos en altura, que se impartirán noutras instalacións situadas no Concello de Culleredo.