Ledoño e a contorna do Val de Veiga terán un gran espazo cuberto para propiciar o desenvolvemento das actividades veciñais con independencia das condicións meteorolóxicas.
O Concello de Culleredo sacou a licitación a obra para cubrir a pista deportiva situada en Ledoño, no complexo formado polo parque infantil, a escola unitaria e a área recreativa, que contará cun orzamento base de 467.784,69 euros.
A actuación consistirá na instalación dunha gran cuberta, de teito ovalado, o que lle conferirá un aspecto moderno e manterá a súa funcionalidade. O material principal será a madeira, acorde coa contorna verde.
Prevese que o teito sexa translúcido, para permitir unha maior entrada de luz natural. A pista será renovada con firme que propicie a práctica deportiva, con textura microrrugosa impermeable. A marcaxe das liñas deportivas levará a cabo cunha pintura acrílica mate.
Ademais, a pista cambiará completamente de imaxe, conforme as pasadas actuacións en espazos como as do Burgo, Sacra Familia ou A Corveira. Así, o firme será azul, terá marcado o escudo do Concello, e contará cun cartel identificativo.
O proxecto responde as demandas veciñais, que apostan por contar cunha zona cuberta que garanta a realización das súas actividades e celebracións, ademais de servir de punto de encontro para os nenos. A cuberta estará preparada para contemplar o seu peche completo no futuro.
“A xeración e mellora de espazos públicos é un eixo dos nosos plans de obras”, afirma o primeiro edil. Rioboo explica que se conseguirá “unha área con pista e parque infantil cubertos onde poder programar desde zoa a competicións deportivas, festexos ou simplemente pasar un intre en familia”. “Será un centro neurálxico para toda a zona”, sinala.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER