A Deputación da Coruña adxudicou por 1.754.588,69 euros os traballos de renovación, ensanche e saneamento da estrada provincial DP-0510 de Confurco a Orro, obra que se retomará de maneira inminente. As obras de saneamento serán asumidas polo Concello de Culleredo.
Intervirase nunha superficie total de 3 quilómetros, mellorando os accesos aos núcleos de Figueiras e As Caíñas, creando espazos máis seguros para as persoas que circulan diariamente por este itinerario mediante unha senda.
A esta infraestrutura sumaranse as tarefas de ensanche e mellora do trazado, todas accións asumidas pola Deputación.
Na actualidade, esta vía ten un ancho de cinco metros e medio e carece de beirarrúas, o cal impide unha correcta seguridade viaria. Para liquidalo, ampliarase a plataforma para dotala de dous carrís de tres metros cada un, e de beirarrúas de medio metro, así como de cunetas de seguridade.
Co obxectivo de favorecer o tránsito dos viandantes entre as distintas casas que se sitúan a ambas as marxes da estrada crearase, como dixemos anteriormente, unha senda peonil de dous metros de ancho ao longo da estrada que une Confurco con Orro. Ademais, nas zonas onde o ancho da vía o permita, aproveitarase para crear un aparcadoiro en batería.
O proxecto tamén prevé a mellora dos accesos e interseccións, a modificación das curvas con radio moi reducido e a execución dunha nova glorieta á altura do punto quilométrico 2+000, ca fin de favorecer os cambios de sentido e eliminar os puntos de alto risco tanto para o tráfico rodado como para os viandantes.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER