O espectáculo de música e baile tradicional ‘Endaterra’ chegará a Culleredo o próximo 19 de novembro no pavillón do Burgo, que dará comezo ás 21:30 horas.
Trátase dunha nova actividade na que se fusionan distintas artes escénicas e que conta cunha banda sonora única, composta en exclusiva para este espectáculo e cunha singular produción audiovisual, creando unha paisaxe sonora e visual a través das imaxes e sons naturais do Camiño.
É un percorrido que une a cultura tradicional dos dous roteiros menos exploradas de Galicia: o Camiño Inglés e o Camiño de Fisterra-Muxía. Este é o resultado dun profundo e minucioso traballo de investigación dos bailes de divertimento, danzas, cancións, melodías, traxes e tradicións dos 18 municipios polos que transcorren os dous roteiros peregrinos.
O argumento baséase na peregrinación feita no 1900 por unha aristócrata inglesa e a súa doncela de orixe galega a Santiago de Compostela, con Epílogo en Fisterra e Muxía. Esta aristócrata de orixe escocesa é residente en Londres, unha muller aventureira e decidida que se anima a emprender esta viaxe convencida pola súa doncela.
Ten como director–coreógrafo a Henrique Peón Mosteiro; a Santiago Mañasco no deseño de luces; a Antón Cabaleiro nas imaxes; a banda sonora foi realizada por Ismael Marcos e Francisco Barcia; a Susana Crespo como asistente de dramaturxia teatral; a Lucía Veiga e Marita Martínez no apartado de teatro; a Xacarandaina nos coros e corpo de baile e como grupo vocal, as pandereteiras Xacarandaina e Os do Fondo da Barra.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER