O memorial de 'Pequecho' conta cunha nova peza de exposición

O memorial de José Ramallo, ‘Pequecho’, un recuncho do recibidor do Concello de Culleredo, conta desde hoxe cunha nova peza. Trátase dunha Cota 123 do ano 1972 e que se suma así aos outros catro vehículos da exposición, os trofeos, varios cascos e un dos traxes que usaba o piloto cullerdense.

O encargado de darlle outra vida foi Miguel Ángel López, que remarca que “non é unha restauración completa, xa que os radios non se tocaron, o depósito puliuse pero está o orixinal cos adhesivos”, aínda que si se desmontou o chasis e está pintado a man. 

“Esta é típica de moto montañismo de antes”, sinala ‘Lagarto’, que así é como coñecen a Miguel, quen asegura que “é unha peza que vén aumentar máis o valor se cabe ao legado de ‘Pequecho’”, quen foi un dos tres pilotos galegos que correron no ano 1972 nunha carreira oficial do circuíto do Xarama, compartindo pista con outros grandes nomes como Ángel Nieto ou Ricardo Tormo.

Precisamente outra das pezas deste memorial é unha Derbi RAN (Réplica Ángel Nieto), que xa loce xunto á súa nova compañeira, esta Cota 123 e dúas Bultaco, ademais da bicicleta restaurada por Alfredo Añón. 

Acompañaron neste pequeno acto de benvida Miguel Suárez, concelleira de Deportes Francisco López Pérez; Miguel Suárez, tesoureiro do Motoclub Culleredo; Bernardo Pampín, o presidente do Motoclub Culleredo e Cristina Asorey.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina