O Concello de Culleredo instalou esta mañá sinalización advertindo ás usuarias e usuarios da nova situación de circulación que terá lugar a partir da próxima semana. Ante o inminente cambio dos contedores en Avenida Ribados, o camión de recollida de lixo terá que circular en sentido contrario por esta vía de 3:00 a 5:00 horas da mañá desde a intersección con Visitación de la Encina e ata o cruce con Costa da Lonxa.
Isto débese a que estes vehículos realizan a carga lateral cara á dereita, e por tanto, é por iso que terá que circular en sentido contrario. Neste tramo horario, terá preferencia o camión do lixo, e as tres sinales que desde hoxe eríxense en Ribados advirten a condutores da nova disxuntiva.
Desde o Concello de Culleredo queremos sinalar que "esta circunstancia darase soamente os días de recollida e nun período de tempo no que, cremos, non supoñerá un gran prexuízo para as veciñas e veciños da zona”.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER