O Concello de Culleredo finalizou un ano máis a súa campaña de dinamización e fomento das compras do Nadal no comercio local ‘Rasca e Gaña’, na que se repartiron máis de 100.000 papeletas que daban acceso a máis de 3.000 premios directos. As afortunadas dos últimos ‘grandes’ premios foron Begoña Pose Serén, a quen lle tocou o patinete eléctrico e a cuxa entrega acudiu a súa irmá Salomé, e Clarisa Negreira, agraciada co reloxo intelixente.
O alcalde, José Ramón Rioboo, acompañado do concelleiro de Comercio, Mario Iglesias, fixeron a entrega de ambos os premios no Salón de Plenos do Consitsorio, e felicitaron ás premiadas “non só polo que hoxe recollen aquí, senón tamén por confiar no comercio local este Nadal”.
Foron 200 comercios os que se sumaron á iniciativa municipal. En total, o Concello repartiu 100.000 papeletas para máis de 3.000 premios, entre os que se atopaban unha televisión, un reloxo intelixente ou un móbil de última xeración. O patinete gañouno Begoña tras ‘rascar’ un boleto na Librería Canedo, e o smartwatch no Badulaque de Carlos.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER