A Audiencia Nacional admite a trámite o recurso presentado polo Concello contra a resolución do Ministerio de Transportes sobre o Plan Director do Aeroporto de Alvedro

A Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Nacional admitiu a trámite o recurso presentado polo Concello de Culleredo contra a resolución do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana sobre a revisión do Plan Director de Alvedro. Así o indica no auto con data do pasado 20 de decembro.

A Audiendia, seguindo o procedemento, requirirá agora o expediente completo ao Estado e remitirallo ao Concello. Nese momento abrirase un prazo de 20 días hábiles procesalmente para presentar o escrito de demanda.

Mediante esta acción xudicial, o goberno municipal busca exercer a defensa dos intereses veciñais e do seu territorio, loitando pola mellor convivencia coa infraestrutura supramunicipal.

O alcalde, José Ramón Rioboo, encargou o pasado mes de decembro unha asistencia técnica especializada para analizar tanto a orde de aprobación como o texto do Plan Director e poder dirimir se era oportuna unha acción xudicial.

Agora, o rexedor sinala que “continuaremos o procedemento cunha idea base: a defensa sen concesións dos dereitos das veciñas e veciños de Culleredo”, sinalando que “apostamos polo Aeroporto, pero non a calquera prezo”.

 

Procedemento

A acción xudicial seguirá, como ata o de agora, dúas vertentes: o punto de vista formal e o punto de vista material. No primeiro caso, os técnicos xa sinalaron, froito do exame preliminar, que a administración aeroportuaria ha utilizado normas de dereito transitorio na tramitación do Plan Director do aeroporto de Alvedro, eludindo as regras impostas pola lexislación sobrevinda en materia ambiental e administrativa.

Por iso, alértase de que unha omisión de trámites esenciais pode desembocar nunha nulidade do Plan.

E en segundo lugar, a nivel material, os técnicos apostan por un informe pericial que estude o escenario pasado e o actual real a fin de contrastar os datos estatísticos proporcionados no Plan Director e a probabilidade da predición de futuro previsible de todos os tipos de tráfico do Aeroporto. Entenden que calquera posible obsolescencia, erro ou incorrección dos datos e premisas viciaría a decisión sobre a delimitación dos diferentes espazos aeroportuarios.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina